7/18/2008

o nosso pisso (alicerces)


Para-issa..."nom todo o que é longo dura máis , nem todo o que dura máis é máis longo"
aghuanta coraçom (sirena 2003)



A rúa estaba bañada polo sol plomizo dos seráns que marca o pasar do estío na Costa da Morte. Os coches pasaban de vagariño, sentindo o cansanzo dunha dixestión lenta. As gañas eran intencións nos pensamentos que non fluían pola abafante calor…

Un banco facía as veces de cadera estática ante o tiovivo no que se convertira a vida…un rapaz, non sabemos se a medio durmir ou a medio espertar, mirando como se reflexan os raios de sol nos coches que deixan a vila de costas…oitro que se ven achegando…

-A boas horas, xa podía esperar por ti para tomar o café, ¿a que andabas?
-Eu non dixen que me esperara ninguén…me equivoco?
-Joder, suponse, non?
-Estaba co puto ajedrez…
-Gañaches?- interrumpiu máis que interesado o primero e desgarbado rapaz
-Que cojones más da?…pero si, gañei…

A os dous vanse sumando máis xente, que arrastra os pés ata a céntrica praza do povo…o último en chegar trae un andar apurado e cara de présas…

-Foder, sempre rascando os “huevos”…tirados na praça…nom hâ máis que façer?
-Eso é cousa nosa, me equivoco?
-Pois nom, minha tambén é….temos que subir dumha puta vez a Compostela a buscar o pisso para este curso…e imos fatal de tempo, nom vai a ficar nemhum para nós! Han de estar todos colhidos! E vós nem un dedo movedes!
JdP:-Por que caralho lhe chamades Compostela se toda a vida foi Santiagho? Joder, ides un ano e voltajes revolucionados e revolussionarios!
P- Joder, Manuel dí algo ti!!!
Manuel- eeeeehhhhh!!!- encollido de ombros, sorrí Manuel…
Jose: Correcto, subimos os tres a Santiago e miramos un piso, fijo quen nun día o atopamos. Dixo a miña irmá que había aínda un bo lote deles.
P: Podiamos subir manhá os 3!!!
Jose: Non te tires do carro, a miña irmá dixo un lote. Ademáis aínda acabo de rematar Selectividade e quero descansar….
P: Joder, pero se fai casse dois messes que remataches Selectividade!!
Manuel: correcto, voto ir oitro día. Eeeeeeh- dixo tornando os ollos contra o grupo

Mesmo povo, mesmo banco, mesma xente, os mesmos coches pasando, a mesma actítate na xente…pero catro días despois…

P: que!!! aínda nom é tempo de ir a Compostela a buscar pisso? Sei de quen leva días buscando e nom atopou nada!
Jose: coido que quere vir Charito a vivir con nós!
P: Quéééé´!!??? Lelo que opinas disso….di algho!!!???
Manuel: ehhhhhhh- sorrindo. (Dios mío!!! Han matado a Kenni!!)

E decidiron subir os tres, aproveitando o bus das dez da mañá, o das sete era moi cedo e viña carghado de fisterranas con sestos de comida e patacas para “subir” Á Coruña….

A mañá viña quente, ninguén levaba os ánimos moi erguidos pero a os tres irrumpeuselle un pequeño sorriso de satisfación cando contemplaron o enorme espazo que se lle abría ante os ollos. A cidade que habería de aabrirlles a liberdade, o espracemento, a universalidade. Era un pequeño chanzo do autobús, mais un gran paso para as carreiras daquelas vidas.

P: Por onde podemos comezar?
Manuel: Por almorzar? Non me deu máis tempo que tomar un mísero colacao

Jose: correcto, corroboro! Almorzamos e logo empezamos a buscar….se total, mira, están todas as putas farolas empapelados de anuncios de pisos….

(mente P.)…Suspirei e tranquliceime por un intre, o intre que tardei en comprobar que en todas as farolas estaba o mesmo anuncio!!!!! Non me deu tempoa abrir a boca, xa estaban sentados na terraza e pediran sendos colacaos. Os seus ollos pechados e o solpeghandolles xd fronte…(suspirei)

(mentre Jose)…Vinno claro, anuncios por todos os lados, a miña irmá ía a xudarnos poloa tarde a buscar, tiñamos polo meos dúas semanas ate que comezaran as clases, terracita preciosa…que millor forma de inaugurar Compostela?

(mente Manuel)…solazo de pleno, fame de animal, pisos a mansalva…relajemonos..e a ver se P. tranquilizase aljo que parece máis preocupado que o carallo!…

O almorzó demorase entre risos, intencións, auto promesas e ideas que surxían como nubes de neboeiro nos días tempedás….

E decidiron probar sorte pola rúa, anuncios nas farolas, todos tiñan o mesmo texto e parecidos números…” se busca chica….” “alugamos…só chicas” “económico piso…….con nove habitacións” “ cerca del mar…” (en Compostela) aprendemos que a imaginación era un arte á hora de alugar un piso…pero por precaución collemos uns cuantos de ises anuncios.

A idea foi tornandose a medida que falaban con oitra xente que tamén buscaba piso “Levamos tres semanas e non atopamos muito, imos con calma….”
Jose: Sí, oh! Nono xures, calma levades…..

E comenzaron a facer risas e bromas e burlarse da peña que imaginaban unha semana enteira buscando piso…. Pero nom atoparan aínda nen o primero piso…e o autobúas non agardaba por eles…co tempo marcado polo horário do bus, comazaron a se in quedar e decidiron coller a opción máis doada….

José.- joder! Imos a unha axencia e que nos busquen piso que carallo! Pajamos aljo máis e punto…
Manuel…ehhhhhhhhhhhhh, bueno

E así optaron pola primera agencia, da que aquí omitiremos o nome ou trucaremolo ….por ejemplo por Gestorias e inmobiliarias Gelpi….alá fomos….

Pablo.- ola queremos un piso….
GELPI.- para aluguer, para compra, venta, multipropiedade?
José.- para que carallo vai a ser, para vivir….!!!
GELPI.- tenemos cinco pisos, el sistema consiste en que os dejamos las llaves, lo veis , os decidis y nos la devolveis , y saí con cada piso.
Manuel.eeeeeHH, por min de puta nai!

PISSO 1 A Rúa será modificada e no seu lugar diremos Rúa que está entre Hotel Pereghrino e Conxo…..5º pisso , sen ascensor, tiraba do peito como os celtas sen filtro tiran da mala saúde…..
Jose.- por iso decía apto para gimnasatas como vosotros
Pablo.- gimnastas como su puta madre queainda imos polo 3º!!!!!!!

Alá cheghamos, as ventanas eran tan finas que de poder lialas sacarías um papel máis finos que os dos petas….
Pablo.- tres cristais rotos” .-apunta Manuel
Manuel pa que se nom imos a quedar con el?
Pablo .- como que non imos a quedar con el, ti que sabes? Apunta ighual!
José…ostia! Que non imos a quedar con el xa o sei eu, como imos a quedar cun piso onde o vento cola polas fiestras, umha esta rota e para ir a comprar un chicle (notese que fui FAI anos , habia e se consumian ainda chicles) teriamos que instalar un sistema de levas e poleas!!!
Pablo.- fasede o que vos saia dos juevos!

Jose Ostia! Hablando de eso tengo hambre de caaralho, pedimos unas pizzas y las comemos aquí, en los silloncitos más que estrenados…
Manuel…ehhh, fame hai , probemos
Pablo: nom creo que o puto pizzero suba 5 pisos sen ascensor
Jose: joder dicimoslle que estamos no 3º pero que pa cobrar ten que subir a o 5º
Pablo a min iso pareceme unha autentica tontería!
José Xa o sen , pero teño fame joder!

Decidiron visitar un segundo piso e mercar pizzas para só ter que cuéntalas no forno,


GELPI queeee! Os gustó el piso?
Jose :Vistas tinha! Pero a Nueva york, paresse!!
Lelo. (entre dentes) meteo nos juevos.


PISSO 2, que por ocultar a súa verdadera identidade (fsica, entendase) situaremos detrás de virgen da cerca e rúas das trompas…

Manuel : xa teño curiosidade por ver como é este de “amplio y algo apartado”
Jose. La misma palabra lo dice….amplio es amplio y apartado que nom é mesmo mesmo na catedral…

Pablo. Nº 15, entresuelo….hai 13 e 17, pero 15.…non
Jose. Mira ben joder!

Pablo como nom sexa este pequeño edificio que nom ten metro e medio de fachada!
Jose: correcto a por el…Alguen mercou unha cervecinhas para que baixe millor a pizza?

Pablo (lendo) baixo, primeiro, sejundo…e o entresuelo?

O entresuelo era precisamente iso, entre o suelo e o inferno…un puto búnker da sejunda guerra mundial, onde a única luz que entraba facial por unha claraboia da alcantarilla…..
Jose.- se o fan algho mais apartado haberia que desalojar a Satanás!

Unha sorte de pasillos enormes, con forma de laberinto, habitacions enormes e dobles coa escasa luz que deixaba escapar a claraboia, o mobiliario anclados no día da primera comunión de Franco (nom mon, isa comunión pasará aos anales da história como a primeira vez que Don Ramon (Deus o tenha na jloria) tivo que alzarse de puntillas para dar a ostia en corpus….tamén como a primera vez que mon estrenaba algho (o traxe nom era herdado?)

Jose: o piso é unha puta mierda…pero “saca-elguiski-mari abre-el-wisqui-bar “ cantaba, teño fame ensende o forno, pizzas e comemos cos pes enrib na mesa como marajás!
Manuel: os sillons estan de puta madre! Eeeeehhh
Pablo: como carallo se encende esto

Na cociña unha instalacion defectuosa daba conta de cables sen empalmar, e un forno que tranquilamente poderia ser meses atrás criadero de ratas….niñeen queria meter man ao forno…

Jose: joder, saca o chisquero e prendeo!
Pablo: prendeo ti!
Lelo…ehhh, que hai fame!!!!!

José: “imos ter que comer de novo as pizzas congeladas??” e así, coas chaves que serian devoltas en media hora rulando no dedo e contando vellas historias esquencidas de Colis fomos comendo as pizzas nem forneadas nem congeladas…aínda moi lonxe do que sería O NOSSO PISSO!…


(continuará...)

6/15/2008

de folghas e crisses...


em tempos de crisse, nada milhor que folghear!!!!!...

6/08/2008

medos


tenho medo voltar, desamdar todos os passos dados, recuperar as pegadas esqueçidas e atopar os cristais rotos, os joguetes rompidos e a desolación do fracasso nos beizos que nom poderian pronunciar um saúdo...um breve saúdo que podería começar por: "ola!", sobraría a exclamaciom da expresiom, sobrarian cristais espalhados no chan, sobrarian verbas nom ditas, escondidas, agochadas no fondo da ghorja...tenho medo atoparme coa auséncia do que som, atoparme co vazío que agora se enche coa desidia da lonxanía (que grande a lonxanía e cantos sacos enche pra sustituir a valentía de reprimir umha bágoa de imposibilidade, de incapacidade...) ...tenho medo de enfrontarme á paragem abandoada de min mesmo debuxada no sitio de seghuro ocupado por muitos, por variios, polo lado da cama onde descansaban, sempre descansaban, os meus azos ao teu carón... e como voltar coa maleta furada de projectos anegados pola mala, pola propia, pola alhea, experiéncia....tenho tantos medos!!!...tanto medo a ti!!!!!

6/01/2008

das redes da memória, do organizar


o problema de ter enmaranhada a mesa é que, malia que tes todo sempre a man, accesible ao teu alcance...nunca atopas o que necesitas no precisso momento de o necesitar...enlia-se a rede e é imposible buscar aquel cabo, o chicote que che levou de principio a tal lío. Onde comezou isto e porque estamos aquí?...cal é o fio do que tirar e desfacer tal urdimbre polo azar construido ( e pola minha falha de precissiom-atencióm, cecais)...passa tempo até que cavilas que nom todo é tirar dun fío e "vualá"...velaquí a miragre...nom, por um fio se comeza pero é moi longo o caminho polo que o passar. . . a messa está así pola mente de quen a organizou/ordenou....sistema, pautas e memória....e organiçaçom....como vos saco deste labirinto se nom tenho fío que vos lanzar?

5/25/2008

a chuvia segue existindo...


as pingas da chuvia seguen debuxando círculos concéntricos nos vidros carcomidos polo sol...o cárcere de chuvia anega o espazo no que os turístas sentense prissioneiros, e o sol disfraousse de paraugas para encher os pantanos de sabiduría, de sustento vital....nissa paragem, que me queda?...unirme como os de estocolmo a o sentir dos prissioneiros ou rebulir a energía plúvica co risso amplo imperante sobre as súas faces?....elixo continuar, recolher pinghas de chuvia e gardalas en tarros de cristal, em época de carestía (todo chegha, todo chegha...) han de ser boas...e tentarei sorrir...no caminhar a o descuberto, sem paraugas nesta rara e confussa chuvia....do mes das flores

5/12/2008

habitáculos de estreno, velhas sintonías


o espazo que determina o tempo e a velocidade....novo espazo vital, giro de vida, probabilidades e posibilidades que se cumpen e o cadrado do tempo nom equipara co espazo, a velocidade é vertiginossa se falamos de tempos....muito lio de verbas...o espazo é novo, e abriu un novo tempo a umha gran velocidade, coissas máis claras....percorro as habitaçoms núas do pisso e atopo un chisco da túa fragancia, das túas conversacioms inexistentes que jâ nom son o primeiro e a duras penas o seghundo....vexoche na lonxanía do meu olhar dende a janela do meu quarto, aínda estás, sorrindo, rindote de min, perforandome co teu riso que é iso, sen iniciáticas consoantes, e nom sei como mudar sen verche, como dobrar a esquina sen temer atoparche, e actúas como se tal, como se nom passasse nada, inundas e anegas o meu novo espazo como a chuvia fai cos patios andaluces en bar Salona, percorres as dobregaduras do meu maxín, ...que difícil darche esquinazo...que rara e contumaz a mecánica das lembranzas...

4/28/2008

dos tempos...


...tiC-tAc, Tac-tIc, Tic-taC, Tac-tIc...e os reloxos pugêronse de acordo para amencer a un só tempo, a um só son, e as manecilhas nom poideron Jâ voltar atrás... as velas acendeRonse coma o lume dos fachos que queimAn castelos, sem olhar ás coStas, e o vento silabeou de novo a temIda balAda em tres idiomas...e choveu, incriblemente choveu para MIN.... que bonita é a mecánica dos tempoS, das coincidéncias, das necesidades....